QuickOffice Pro HD, primeira suite ofimática para Honeycomb

O tempo vai pasando, e as primeiras aplicacións que van facer das tablets con Honeycomb un terminal realmente completo van aparecendo. Ese é o caso de QuickOffice Pro HD, unha versións mellorada e optimizada da súa versión para móbiles, que así aproveita todo o espazo extra da pantalla.

QuickOffice é unha suite ofimática pensada para poder crear, ver e editar arquivos Microsoft Office, o importante deste tipo de aplicacións é que che deixan tanto crear coma editar os arquivos anteriormente creados no ordenador, facendo así da tablet un todo terreo no mundo da ofimática, dándoche a posibilidade de ter sempre dispoñible unha suite onde modificar ou crear un documento dunha maneira rápida e doada, cousa que de seguro saca a máis de un dun apuro. 
O prezo da aplicación son 24,99 dólares, pero nestes momentos está rebaixada a 14,99 dólares, uns 10,63€. O ser para tablets soamente está dispoñible para a versión 3.0 ou superior de Android, podédela descargar dende o Market.

Sobre o autor

Reply