Soe pasar que cando temos un Android como é o noso caso, un está tan emocionado que non pensa que algo lle poida pasar o seu querido aparello e por iso nunca nos acordamos de entalarlle unha aplicación como a que vos traigo hoxe, Remote Security, que nos pode sacar dun apuro nesas situacións que ninguén quere que pasen.
Configuralo non pode ser máis sinxelo; unha vez instalado detecta a SIM e pídenos unha clave e o número de teléfono que queremos usar para que nos envíe os datos que lle solicitemos, que evidentemente non pode ser o noso.
As opcións que nos permite esta aplicación son variadas, adaptándose a cada situación, vexamos algunhas:
- Bloqueo: unha das máis usuais neste tipo de aplicacións, permítenos bloquear o noso teléfono remotamente e posteriormente desbloquealo, unha vez que volva a estar baixo o noso dominio.
- Localización: como o seu nome indica, permítenos coñecer a localización do noso teléfono, se o terminal ten o GPS activo daranos as coordenadas, no caso de estar desactivado fará a localización pola triangulación das antenas.
- Chámame: opción que forzará unha chamada dende o terminal perdido o número que estableceses con anterioridade.
E moitas máis opcións como borrar os sms, alarma, modo oculto ou activar o modo avión, todas estas opcións actívanse mediante o envío dun sms cun código determinado para cada situación, podedes saber máis na súa páxina.
Dende logo unha aplicación moi útil pois pode axudarnos moito cando máis o necesitemos, está dispoñible no Market por un prezo de 0,90€ para a versión 1.5 e superiores de Android, deixovos o código QR: