Firefox 4, tamén para Android

A chegada da nova versión do archicoñecido navegador web de Mozilla, o Firefox, trouxo consigo tamén a aterraxe no Android Market da primeira versión non-beta para Android: Firefox 4 (nome orixinal, eh?).
E que podemos esperar del? Pois fluidez na navegación, sincronización total co noso navegador de escritorio (poderemos abrir rapidamente as pestanas abertas no noso ordenador) e, sobre todo, personalización.

A personalización verémola en canto a que poderemos instalar complementos para – case – todo, mentres que a sincronización afecta a aspectos como o historial, marcadores, pestanas e contrasinais, coa comodidade que iso supón.
Destacar tamén a facilidade de uso, que resulta moi intuitiva, permitindo abrir novas pestanas e mudar entre elas dun xeito moi sinxelo.
Pódese descargar dende o Android Market de balde, iso si, só para versións de Android +2.0
Os seareiros do panda vermello (non, a mascota de Firefox non é un raposo) xa teñen unha nova disculpa para seguir disfrutando do seu navegador favorito, tamén en Android.

Sobre o autor

6 Comments

  1. alex_nap 6 Abril, 2011 Responder
  2. Anonymous 6 Abril, 2011 Responder
  3. iago varela 6 Abril, 2011 Responder
  4. pintafontes 6 Abril, 2011 Responder
  5. Anonymous 6 Abril, 2011 Responder
  6. Mallando 6 Abril, 2011 Responder

Reply