Filtradas imaxes de Android Music, o novo reprodutor con streaming

Xa se leva tempo falando de que Google anda a traballar nun servizo de música en streaming do cal non se sabe moito, todo rumoroloxía. Mais canto máis pasa o tempo máis novidades nos atopamos, e entre elas esta captura:
Trátase dunha imaxe na que se pode ver que terá opción de sincronizar e reproducir música en streaming, demanda de moitos usuarios e que xa se disfruta noutros reprodutores que xa temos analizado neste mesmo blogue.
Se queredes ir probando a aplicación (sen que lle funcione a sincronización), podedes baixala de aquí (baixo a vosa responsabilidade).

Sobre o autor

Reply