Unblock Me Free, ata o infinito e máis aló

Un dos xogos a ter en conta para descargarnos dende o Market. É simple, entretido e ademais gratuito. ¿Que máis se pode pedir?

Unblock Me Free é un xogo tipo puzzle que consiste en trasladar o bloque vermello fora do taboleiro apartando antes o resto dos bloques que nos impiden a saída.
Conta con dúas modalidades de xogo: o modo relax no que se van pasando fases sen máis e o modo challenge que mide a destreza do xogador mediante os pasos que necesita para resolver o puzzle.
Na última version (1.0.3) dispón de 1200 puzzles en total, nos que poderedes dar renda solta o voso inxenio. Está dispoñible no Market ou a través deste código QR:

Mais info: web.

Sobre o autor

Reply