Se máis eficiente no traballo grazas a Pomodoro Task

Coñecedes a técnica Pomodoro?
Pomodoro é unha técnica para mellorar a nosa eficiencia baseada na división do traballo en bloques de 25 minutos separados por descansos (se queredes saber máis podedes consultar esta páxina da Wikipedia). 
Non parece mala idea, verdade? Pero evidentemente se estades pendentes do reloxo todo o tempo e non lle prestades atención o traballo de pouco serve este método.

É por iso que vos traio Pomodoro Task , unha aplicación moi sinxela que basea todos os seus esforzos en facer que a técnica pomodoro sexa o máis efectiva para ti. O funcionamento é sumamente doado, introduces as tarefas a realizar e cando estes preparado preme na tarefa e empeza a contar, se o tempo que vén preaxustado non se che axusta podes poñer ti os tempos da duración do traballo, da duración do descanso e da duración do cuarto descanso, así coma tamén se queres que vibre ou que canción queres que soe. Todo moi doado. 
Pomodoro Task é unha aplicación gratuíta e dispoñible para versións 1.5 ou superiores de Android no Market ou a través do seguinte QR:

Sobre o autor

Reply