A aplicación dos sábados noite… Mis Picaderos

Xa temos falado neste blogue de aplicacións curiosas ou picantes que existen no Android Market, e non por ilo hai que deixar de falar delas. Aproveitando que hoxe é sábado (xa sabedes o dito, sábado sabadete…) traémosvos unha aplicación para triunfar: Mis Picaderos.

Supoño que polo nome máis ou menos todo o mundo saberá para que sirve: a aplicación fai uso da xeolocalización (para maior precisión, activar GPS do voso androide) para atopar os picadeiros máis próximos ao lugar no que te atopes, buscando entre máis de 6.200 localizados en todo o territorio español e preto de 8.000 en todo o mundo.


Tamén se pode buscar doutro xeito, empregando os menús feitos para iso. Ademais, se coñeces algún que non está e queres compartilo co mundo, tes a posibilidade de engadir novos puntos, todo son facilidades.

A aplicación pódese descargar dende o Market de balde, para todas as versións de Android. Quizais nalgunha actualización inclúan algún tipo de check-in ao máis estilo Foursquare para evitar aglomeracións! 😉

Sobre o autor

Reply