De camping co teu Android

Os aficcionados ao camping seguramente coñezan o site Campinguía.com, onde se pode atopar información sobre campings, así como comentarios e valoracións dos clientes. Agora coa aplicación homónima para Android poderase ter o acceso a toda esa información na nosa man.
As principais funcións da aplicación, que aínda está en fase beta, son o acceso aos campings que hai preto de onde esteamos situados ou a busca, ofrecéndonos datos como o xeito de contacto, os servizos, prezos e tempada de apertura.
Pódese descargar a aplicación dende o Market Web ou dende o seguinte QR, válido para todos os androides +1.6.

Sobre o autor

Reply