HTC presenta o seu Sensation e o servizo HTC Watch

Finalmente o novo terminal de HTC foi presentado , o HTC Sensation, e o mellor de todo e que ademais de HTC Sense trae consigo un novo servizo chamado HTC Watch.

O novo móbil de HTC continúa coa saga da compañía ofrecendo un terminal cunha gran pantalla de 4,3 polgadas e un corpo de aluminio, no seu interior un procesador Qualcomm Snapdragon de dobre núcleo e 1,2 GHz que asegura un rendemento óptimo en calquera situación, e como guinda do pastel, este gran terminal inclúe unha cámara de 8 mpx que é capaz de gravar vídeo en calidade 1080 FullHD a 30 fps con son estéreo, para que non se che quede nada sen rexistrar. 

Como non podía ser doutra forma virá coa última versión de Android, a 2.3 Gingerbread.

Melloras na interface Sense

En canto á capa de personalización de HTC, Sense, esta tamén presenta novidades, como unha nova pantalla de bloqueo, na que amosa o en tempo real a información e o contido definido polo usuario, como a actualización das redes sociais ou acceso ás aplicacións de chamada, correo electrónico ou cámara.
Pero esta mellora tamén é palpábel na nitidez, que dan pé a animacións máis vivas, así como tamén a inclusión de novos widgets para mellorar sensibelmente a experiencia multimedia.

Novo servizo HTC Watch

Xunto con este novo terminal HTC presentou o se novo servizo chamado HTC Watch, un servizo de vídeo baixo demanda, tanto de series coma de películas , que virá incluído no HTC Sensation. respecto a dispoñibilidade, sairá con Vodafone no segundo trimestre do ano.

Sobre o autor

Reply