Aplicacións alternativas para mandar sms con Android

Non sei vós, pero eu dende que teño o meu androide reducín drasticamente o número de sms que envío. Hai meses que a factura reflexa 0 mensaxes e outras nas que hai algún, porque sempre queda algún contacto 1.0 (dende aquí, un saúdo agarimoso para eles/as :P).
A aplicación preinstalada de Android é excesivamente básica e pincha en aspectos básicos, como a conta de caracteres ou os mensaxes que quedan sen enviar por unha falta momentánea de cobertura, que en Galiza pode ser algo non tan fóra do común.
Así que imos ver un par de alternativas a este xestor:
Handcent SMS é quizáis a máis coñecida e mellor valorada das aplicacións, ofrecendo un grao de personalización moi importante e que afecta a estilos, temas e configuración de avisos diferentes para os nosos contactos. 
Como é de agardar, soporta SMS e MMS e permite o envío de mensaxes en grupo e outras opcións máis avanzadas, como bloqueos de seguridade varios ou algo moi cómodo: a creación de listas negras de usuarios, por se recibides algún tipo de sms-spam.
Pódese descargar dende o Market gratuitamente ou dende este QR:
Outra opción que gusta moito é Chompsms, que ao igual ca Handcent ofrece unha destacada capacidade de personalización e xestión de contactos. Malia iso, a súa principal faceta é a de poder elixir entre usar a nosa rede móbil ou a de Chompsms para enviar as mensaxes.
O envío de mensaxes na rede de Chompsms é gratuíto entre usuarios da aplicación, mentres que para o resto de destinos teremos o mesmo prezo para enviar dende calquera orixe a calquera destino, algo interesante se enviamos moitos sms ao extranxeiro. En canto ao prezo, pódense mercar paquetes cos que os sms poden custar 0,08 €/sms.
Está dispoñíbel de balde no Android Market.

Sobre o autor

Reply