Xa está dispoñible a versión final de CyanogenMod

Finalmente e tras unha espera máis curta do que se pensaba xa está dispoñible a nova versión de CyanogenMod, a versión 7. Para os que non coñezades CM son unha serie de ROMs dispoñibles para 30 dispositivos Android e que nesta nova versión está baseada na versión 2.3.3 coñecida como Gingebread do sistema operativo de Google.

Esta nova versión ven con melloras como o soporte para algunhas tablets, de todas formas afirman que xa están traballando na versión 7.1 para incluír melloras que se quedaron fora nesta versión. Para os que sexan posuidores dos teléfonos da marca española Geeksphone son boas noticias pois sabemos de boa man que Geeksphone aposta forte por CyanogenMod. Se vos interesa tedes dispoñible máis información na páxina de Cyanogen.

Sobre o autor

Reply