Xa sabemos que hoxe en día podemos viaxar tranquilamente polo mundo co noso Android, xa que non importa o idioma se temos a axuda do tradutor de Google.
Na última actualización vén de engadir melloras na calidade das traducións faladas en 15 linguas, así como tamén a engádega da posibilidade de escoitar tres novas linguas: o xaponés, o árabe e o coreano.
Se non tedes a aplicación instalada, atopádela no Market para descarga gratuita.