Mentres nos imos achegando a saída do novo terminal de Samsung os rumores e noticias van en aumento, e é normal porque parece que pode ser, igual que o foi o seu predecesor, un dos terminais Android que marquen tendencia neste ano.
Fai pouco coñeciamos a noticia de que Samsung empezaría a comercializar os seus terminais co bootloader desbloqueado de fábrica, abrindo así a posibilidade de modificar os seus terminais con menos complicacións que ata o momento, e tamén sabiamos que un dos afectado por este proceso será o Galaxy SII.
Agora Samsung ensínanos o que será o primeiro anuncio do novo terminal referente dos coreanos.
Como vedes é un anuncio que se centra na espectacularidade da súa pantalla SuperAMOLED Plus de 4,3 polgadas, por si alguén o está pensando, non , non é sumerxible, non faigades a proba.
Gústanos, e a ti?