Nova tablet Honeycomb en xuño. Desta vez, Toshiba

Android está a revolucionar o mundo das tablets con Honeycomb, e Toshiba non quere quedar atrás. Por iso está a traballar no seu dispositivo propio, o Regza AT300, que previsibelmente verá a luz en xuño no Xapón.
Entre as súas características máis destacadas están a pantalla de 10.1 polgadas, os conectores HDMI e USB ou unha cámara de 5 MP. O prezo estaría arredor dos 723 $ (497 €).
Non sabemos se chegará a España e, se o fai, cando o fará, pero o máis seguro é que a versión europea sexa algo diferente deste primeiro modelo.

Sobre o autor

Reply