Seguro que algunha vez pensaches en bloquear certa chamada de alguén a quen nun mal día décheslle o teu número de móbil ou noutro caso bloquear todas as chamadas menos aquela que nun momento determinado andamos agardando. aFirewall é unha aplicación que nos permite bloquear as chamadas e as mensaxes en función do día da semana e da hora.
Por unha banda permítenos establecer desde unha lista negra na que podemos engadir os números que non queremos que nos chamen ou nos manden mensaxes e incluso bloquear as chamadas ocultas. No caso das chamadas, o noso teléfono aparecerá comunicando para a outra persoa. Por outra banda poderemos tamén configurar unha lista branca para que, no caso de bloquear todas as chamadas entrantes, poder dar permiso a certos números para que si poidan chamar, por exemplo durante unhas vacacións ou incluso mentres durmimos por considerar que pode ser unha emerxencia. A pesar de estaren bloqueadas as chamadas e as mensaxes dispoñemos dun panel no que poderemos ver esas chamadas e mensaxes que habíamos de recibir.
Podemos tamén definir as nosas propias regras á parte das que veñen xa por defecto para que poidamos facilmente pasar dunha lista a unhas horas a outra totalmente distinta noutras.
Temos dispoñible a posibilidade de exportar as listas brancas, listas negras, chamadas e mensaxes bloqueados á tarxeta SD así como volver a importalos no caso de que houbésemos gardado algún dato con anterioridade.
Hai que ter en conta que no caso de usar un task killer que temos que lembrar de deixar aFirewall en excepcións posto que actúa en 2º plano.
AFirewall está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.