Google NON rexistra a ubicación sen permiso

Esta semana xurdiu certa polémica ao descubrirse que Apple rexistra nos seus dispositivos iPhone/iPad os movementos dos seus usuarios sen o seu consentimento, almacenándoos nun arquivo oculto.Algúns fanboys non tardaron moito en botar balóns fóra e dicir que Google estaba a facer o mesmo nos seus terminais Android, esquecéndose dunha pequena diferenza: Google pide permiso.

E é que en Android existen moitas aplicacións e servizos que empregan a xeolocalización do usuario para ofrecerlle unha mellor experiencia (buscas arredor, étc), pero previamente o usuario deberá ter seleccionado a opción de empregar esta información da ubicación, polo que é plenamente consciente de que hai unha comunicación entre o terminal e os servidores de Google.

Cómpre sinalar ademais que esta información é tratada de xeito anónima – non vencellada a usuarios concretos – segundo reafirmou a compañía recentemente.

Sobre o autor

Reply