Unha das cousas que máis se valora hoxe en día nos dispositivos móbiles é a posibilidade de botar unha partida rápida. Trap! é un xogo sinxelo que axudaranos a matar o tempo libre ao mesmo tempo que animaranos a superarnos a nós mesmos.
O desenrolo do xogo é moi sinxelo, tan só temos que ir facendo liñas co dedo para intentar illar as boliñas vermellas. Cando consigamos cubrir un mínimo do 75% da pantalla pasaremos á seguinte fase na que se nos engadirá unha boliña máis.
Durante a partida apareceranos unha serie de iconas para capturar e que nos permitirán múltiples funcións: aumentar o tempo, conxelar as boliñas, vidas extras, etc. Para ter máis posibilidades de avanzar no xogo, na parte dereita do panel dispomos da opción speed que nos permitirá a posibilidade de facer algunhas liñas a máis velocidade en función do número de iconas de speed que vaiamos acumulando polo que temos que ter en conta de usalas na medida en que nos fagan falta.
Trap! está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.