Os HTC Desire S e HTC Incredible, xa dispoñíbeis en España

HTC Desire S
HTC vén de anunciar que xa está dispoñíbel en España o seu novo terminal Desire S, un novo smartphone que segue a liña iniciada polo seu predecesor, o HTC Desire, o dispositivo máis vendido da compañía durante o 2010.
Lembremos algunhas características deste novo terminal:
  • Sistema operativo: Android 2.3 (Gingerbread)
  • Procesador: 1 GHz (Snapdragon MSM8255)
  • Dimensións e peso: 115 x 69.8 x 11,6 mm e 13′ gr
  • Pantalla: 3,7 polgadas.
  • Cámara: 2 cámaras, traseira de 5 MP, frontal VGA. Gravación vídeo HD
  • Conectividade: GSM/GPRS/EDGE/HSPA, WiFi, Bluetooth
  • Conexións: microUSB, jack 3.5
  • Batería: 1450 mAh

O seu prezo de venda recomendado é de 499 €.
HTC Incredible S
Pola súa banda, o HTC Incredible S comercializarase en exclusiva a través de The Phone House, por un prezo de 579 €, un prezo bastante acorde ás posibilidades que ofrece o terminal.
Entre as súas características máis destacadas estań:
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo)
  • Procesador: 1 GHz
  • Dimensións e peso: 120x64x11,7 mm e 135.5 gr.
  • Pantalla: 4”.
  • Cámara: 2 cámaras, traseira de 8 MP, frontal VGA. Gravación de vídeo HD a 720p.
  • Conectividade: GSM/GPRS/EDGE/HSPA, WiFi, Bluetooth
  • Conexións: microUSB, jack 3.5
  • Batería: 1450 mAh.

Sobre o autor

No Responses

Reply