S1 e S2, dúas tablets revolucionarias de Sony

Sony desembarca no mundo das tablets. E non o fai de calquera xeito, senón apostando pola diferenciación, con dous novos produtos que non nos deixarán indiferentes polo seu grao de innovación sobre todo o que temos visto antes: son o S1 e S2.
O S1 é un dispositivo máis clásico, similar en canto características a outros produtos xa dispoñíbeis no mercado. Conta cunha pantalla de 9,4 polgadas, procesador NVIDIA Tegra 2 ou dobre cámara, pensada para videoconferencias.
Pero o realmente sorpredente da S1 son as súas formas, cunha curvatura que pode lembrar á dun xornal dobrado e que lle dá certo ángulo de inclinación que poden facer desta tablet un dispositivo máis cómodo.

Sony S1

Doutra banda, a S2 destaca por posúir dúas pantallas, cada unha de 5,5 polgadas, que pode lembrar en certa maneira á forma da Nintendo DS. Ao igual que a S1, vén equipada dun procesador NVIDIA Tegra 2.

Sony S2

Ambas as dúas veñen con Honeycomb e contarán con acceso a  a Qriocity, un servizo de música e vídeo que Sony xa ofrece na PlayStation 3.

Que vos parecen estes novos dipositivos. Gústanvos?

Sobre o autor

Reply