Usa o teclado do teu PC no teu Android con Wifi Keyboard

Un dos puntos fracos dos terminais táctiles e sobre todo de aqueles que teñen unha pantalla miúda é o teclado. Existen variados teclados para Android alternativos (de feito, xa temos analizado algún, como 8pen ou Messagease) nos que atopamos configuracións cada cal máis diversa, pero aínda así isto non sempre abonda.

Wifi Keyboard permítenos usar o teclado do noso PC para escribir no noso Android. Isto podería parecer que non é necesario posto que na maioría das ocasións os dispositivos móbiles non se usan para entrada de grandes textos pero nos casos de que queiramos unha maior velocidade de escritura por exemplo á hora de mandar unha mensaxe, usando programas de chat ou incluso se non nos gustan os controis táctiles dos numerosos emuladores de xogos que temos dispoñibles, este é o noso teclado.

O seu uso é sinxelo, basta activar este teclado e disporemos dunha icona na barra de notificacións na que poderemos ver a dirección do estilo http://192.168.1.33:7777 coma a que vemos na imaxe e que habemos de escribir no navegador web do noso PC.

A partires de aquí tan só habemos de escribir na caixa disposta a tal feito no noso navegador e o texto comezará a aparecer no noso dispositivo Android.

O único requisito indispensable é estar conectados á mesma rede Wifi o móbil e o PC.

WiFi Keyboard está dispoñible no Market de xeito gratuíto para Android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply