A aplicación que estabamos desexando: Google Docs Para Android

Por fin! Era unha das aplicacións máis demandadas polos Googlemaníacos e, non sen tempo de espera, xa a temos dispoñíbel. Falamos, como non, de Google Docs.
Con esta aplicación poderemos acceder aos nosos documentos de Google Docs na nube, editalos ou crealos dende cero para logo compartilos (ou non).
A aplicación conta ademais con opcións avanzadas, como a posibilidade de convertir arquivos a formatos compatíbeis con Google Docs, sacar unha foto a un texto e que automaticamente sexa escaneada para convertila un documento de Google. Mola, eh?

A través dun widget de escritorio poderemos acceder rapidamente aos nosos documentos marcados como favoritos, á creación dun documento a partires dunha foto (usar o móbil como escáner, vamos) ou á creación dun documento dende cero.

De seguro que esta ferramenta nos saca de máis dun apuro. Atopámola no Market para androides 2.1+, e como todas as de Google, de balde.

Sobre o autor

Reply