Recupera o teu Android con Información Propietario

Hoxe en día un smartphone ten acerca de nós moito máis que un simple teléfono móbil. A parte de todos aqueles datos que poidamos gardar na súa memoria como poderían ser os contactos, os nosos vídeos ou fotos persoais temos tamén parte da nosa vida privada a través das contas de correo, redes sociais ou outro tipo de aplicacións.

Isto danos na maioría das ocasións moitas facilidades, pero por outra banda é un perigo de cara a nosa intimidade se cae en malas mans, por iso é conveniente que disporamos de un sistema de seguridade coma un patrón, PIN ou contrasinal para o desbloqueo de pantalla. Sen embargo isto poderíase volver na nosa contra en caso de que alguén queira devolvernos o noso móbil.


Información Propietario é unha aplicación que nos permite configurar os nosos datos persoais para que aparezan na pantalla de desbloqueo. O único que temos que engadir é os nosos datos coma se fósemos un contacto máis, seleccionalo na lista a través da aplicación e marcar as formas de contacto que queiramos tales coma un teléfono, correo electrónico ou ambos. Tamén disporemos da opción de configurar o texto que aparecerá xunto cos nosos datos.

Información Propietario está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply