Videochamadas de grupo en Android (e iOS) grazas a Fring

Onte especulabamos coa posibilidade de que no I/O 2011 fose anunciada a videochamada en Gtalk, pero os usuarios de Android xa podiamos disfrutar deste servizo a través de varias aplicacacións, unha delas Fring, que achega agora unha nova versión na que se inclúen videochamadas de grupo entre até 4 usuarios, independentemente que sexan usuarios de Android ou iOS (iPhone).
As chamadas entre os usuarios de Fring son totalmente gratuítas e poden ser efectuadas tanto desde a conexión WiFi como dende a propia rede móbil (3G ou 4G naqueles países nos que está dispoñíbel.
Malia que esa sexa a característica máis destacada de Fring, o certo é que tamén permite efectuar chamadas a números convencionais a prezos case irrisorios, polo que pode ser unha alternativa moi interesante a ter en conta.
Podedes descargar a aplicación gratuitamente dende o Market web.

Sobre o autor

Reply