Prepárate para a aventura con C:geo

Gústavos o risco, atráevos o descoñecido, soñades con atopar algún tesouro oculto? Se estades preparados para a aventura C:geo é unha aplicación que fará as delicias de todos os que sodes amantes do xeocaching


Aínda que damos por feito que sabedes que é o xeocaching simplemente recordamos que é a actividade de esconder e atopar tesouros en calquer lugar coa axuda dun GPS. Para usar esta aplicación que vos amosamos hoxe tan só necesitamos empregar o noso terminal android con GPS e estar rexistrado na web www.geocaching.com.


A partires de aquí o uso de C:geo é bastante intuitivo. Por unha banda temos a opción de ver un mapa para ter localizados os tesouros agochados máis pretos de nós ou incluso ver os que se atopan máis lonxe no caso de que queiramos planificar unha ruta.

Por outra banda, se pulsamos sobre un dos tesouros temos a opción de ver unha serie de características así como a dificultade do terreo, a persoa que agochou o obxecto, a data na que se deixou, coordenadas do lugar e o que é máis interesante, temos unha bitácora no que a xente que vai escribindo as súas experiencias na procura do obxecto.

Agora que está a chegar o bo tempo xa non tedes excusa para pasar un bo rato tanto sós coma en compañía, posto que aínda que non atopedes o obxecto, o simple feito de explorar lugares descoñecidos pode ser unha moi boa experiencia. 

Lembrade que unha vez atopado o tesouro podemos recoller os obxectos atopados e debemos deixar outros para o seguinte aventureiro que intente a procura así como tamén é recomendable levar algo para escribir, posto que a estes obxectos normalmente acompáñaos un caderno que é testemuña das experiencias.

C:geo está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply