O evento anual de Google, o I/O 2011, xa ten aplicación oficial no Market. A través dela pódense consultar todos os horarios, información sobre as diferentes sesións e obter información sobre os poñentes.
Dispón ademais de mapa do evento, dun bloc de notas e seguemento a través do hashtag oficial, #io2011.
A descarga é gratuíta.