Configura os teus politóns con Ringdroid

Coa chegada dos móbiles de tons polifónicos aumentou a capacidade de configuración de cada un dos nosos contactos, podemos por outras melodías distintas para as mensaxes ou por exemplo temos a opción de por aquela cancionciña que nos trae bos recordos como son do espertador.

O problema vén dado cando por exemplo o que gusta dunha canción é unha pequena parte dela ou no caso de que queiramos a canción enteira que esta empece cun ton non tan baixo que faga que non nos demos  conta dunha simple chamada perdida.

Con Ringdroid temos a posibilidade de cortar os ficheiros de música ao noso antollo. O seu uso baséase en mover dous cursores no intervalo que nos interese gardar e, para unha maior facilidade, teremos a posibilidade de ir escoitando ese intervalo para ir axustando a nosa nova melodía. Finalmente gardaremos o ficheiro e simplemente nos quedará elixir o uso que lle queiramos dar.

Ringdroid está dispoñible no Market de forma gratuita para Android 1.6 ou superior.

Sobre o autor

Reply