HTC Desire HD e HTC Incredible S actualizándose a Gingerbread

Os modelos de HTC Desire HD e Incredible S están a ser actualizados estes días mediante OTA (Over The Air) a Gingerbread, a última versión de Android para smartphones.
Os usuarios destes terminais recibirán un aviso na barra de notificacións indicándolle que esta actualización está dispoñíbel para o seu terminal, dende onde poderán iniciar a descarga/instalación.
Como sempre, cómpre facer unha copia de seguranza se queremos manter cousas como o rexistro de chamadas, sms ou aplicacións, inda que non nos debemos preocupar por aquel contido almacenado nas tarxetas microSD.

Sobre o autor

Reply