Viber, unha coñecida aplicación de mensaxería instantánea e chamadas IP do panorama iphonero, vén de entrar en fase beta para a plataforma Android, ampliando así o abano de alternativas ás chamadas empregando a rede de datos.
Entre as opcións máis destacadas desta aplicación están as seguintes:
- Mensaxería instantánea entre vibers
- Chamadas por voIP sen custo entre vibers
- Posibilidade de xestionar todas as chamadas (tradicionais e voIP).
- Control dos sms.
Se queredes apuntarvos á fase beta, deixade aquí os vosos datos.
Máis info