Sony Ericsson acertou de cheo coa gama Xperia Mini: terminais de tamaño reducido pero cheos de funcionalidades. O éxito foi tal que estamos ante un dos terminais Android máis espallados no territorio español.
Por iso, a compañía vén de presentar a evolución Xperia Mini, lanzando os XperiaTM mini e XperiaTM mini pro, dous terminais que contan con procesadores Qualcomm SnapdragonTM de 1 GHz e incorporan Gingerbread (Android 2.3).
Características do XperiaTM mini
Entre as principais características do XperiaTM mini atopámonos as seguintes:
- Sistema operativo: Android 2.3 Gingerbread
- Procesador: Qualcomm de 1 GHz
- Pantalla: 3 polgadas (320×480 píxeles), TFT
- Dimensións: 88 x 52 x 16 mm e 94 gr.
- Cámara de 5 MP, flash LED, gravación en HD
- Conectividade: jack 3.5 para audio, aGPS, Bluetooth, microUSB, WiFi
- Memoria: interna de 320 MB, tarxeta microSD até 32 GB (inclúe unha de 2 GB)
- Dispoñíbel en branco, negro, rosa e azul
Características do XperiaTM mini pro
As características da versión pro son moi semellantes; basicamente a diferenza fundamental é posuír un teclado qwerty completo (desplegábel).
- Sistema operativo: Android 2.3 Gingerbread
- Procesador: Qualcomm de 1 GHz
- Pantalla: 3 polgadas (320×480 píxeles), TFT
- Dimensións: 92 x 53 x 18 mm e 136 gr.
- Cámara de 5 MP, flash LED, gravación en HD
- Conectividade: jack 3.5 para audio, aGPS, Bluetooth, microUSB, WiFi
- Memoria: interna de 320 MB, tarxeta microSD até 32 GB (inclúe unha de 2 GB)
- Dispoñíbel en branco, negro, rosa e turquesa.
Con cal vos quedades?