Fai un seguemento dos teus pedidos con Pakete

Internet danos hoxe en día unha serie de facilidades e entre elas está a posibilidade de facer as nosas compras sen movernos da nosa casa, aínda que o problema deste método é saber por onde anda o noso pedido e o tempo estimado de chegada. Con Pakete poderemos facer un seguemento dos nosos productos a través do noso smartphone.

Basta con que seleccionemos a empresa de mensaxería que se encarga do noso pedido e meter o identificador do noso producto para que poidamos ver nun mapa o lugar onde se atopa o pedido.

Agora só falta que na próxima actualización implementen a opción de mandar, as veces tan necesario, unha mensaxe de “¡Producto fráxil, por favor teña coidado!” ao transportista (un saúdo a todos os transportistas).

Parcels está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.

Sobre o autor

Reply