Nova apllicación para Android de CuacFM (@cuacfm)

CuacFM vén de pór no Market unha nova aplicación para Android (ollo, non unha actualización, polo que os usuarios que tiñan a anterior deben borrala e instalar a nova).
A través dela pódense escoitar as súas emisións en directo, así como tamén acceder ás gravacións para descargalas ou escoitalas en streaming. Ambas as dúas cousas consumen bastante tráfico de datos, polo que vos recomendamos que esteades conectados a través de WiFi.
Podedes descargala gratuitamente dende o Market para Android 2.1 e superiores.

Vía

Sobre o autor

Reply