Xa falaramos anteriormente de Gasolineras España, unha aplicación coa que poderemos aforrar uns cantos céntimos no litro de combustíbel procurando as alternativas que temos ao noso arredor.
A última actualización engade xestión de favoritos na que poderemos ter listadas aquelas gasolineras que empregamos habitualmente para acceder rapidamente a elas. Marcar unha gasolinera como favorita é tan sinxelo como activar a estrela na pantalla de detalle.
Podedes descargar a aplicación dende o Market gratuitamente e vale para todos os androides +1.6.