Máis Google a un xesto de distancia: gAppsLauncher inclúe agora novos servizos

Día de actualizacións das aplicacións dos desarrolladores galegos. Se á mañá falabamos da nova versión de Gasolineras España, agora facémolo de gAppsLauncher, que xa vos presentamos hai algún tempo.
Trátase dun widget de escritorio totalmente configurábel que nos permite acceder dun xeito doado ás aplicacións de Google (tamén á súa versión web).
A novidade desta nova versión é a incorporación de novos servizos e aplicacións de Google que non estaban dispoñíbeis na anterior, como o Market, Listen, Voice Search, Gesture Search e Google Docs. Pero ademais, se en calquera momento queremos redeseñar o widget que temos colocado no noso escritorio non teremos que eliminalo, xa que inclúe un minibotón de acceso ao menú de configuración.
Trátase dunha aplicación gratuíta que podemos descargar do Market para todos os androides 1.5+

Sobre o autor

Reply