A aplicación de Google Earth optimízase para tablets

Hai certas aplicacións que gañan moito en pantallas máis grandes, entre elas as de mapas e fotografía, xa que non é o mesmo ver o rueiro (ou Street View) nunha pantalla de 4 polgadas ou nunha de 10. 
Por iso, a última actualización de Google Earth para Android pensa nas tablets, contando con reconstrucións de edificios en 3D, melloras nos Lugares e inclusión da información da Wikipedia e fotos de Panoramio.
Podemos descargala dende o Market web gratuitamente.

Sobre o autor

Reply