A Samsung Galaxy Tab 10.1 en exclusiva con Vodafone

Por fin podemos anunciar a chegada ao mercado español dunha nova tablet, a Samsung Galaxy Tab 10.1 que puidemos desvirtualizar durante o MWC2011, das primeiras en contar co sistema operativo Android 3.0 (Honeycomb)
Esta chegada vén da man de Vodafone, que a ofrece dende 299 € contratando unha tarifa de 32 €/mes e permanencia durante 2 anos. Outras modalidades/prezos son as seguintes:
  • 549 € sen permanencia, contratando calquera plan de datos de Vodafone.
  • 399 € con permanencia de 2 anos e tarifa de datos de 15 €.
Esta exclusividade chegará máis aló do verán, segundo apuntaron fontes de Vodafone.
Entre as características principais desta tablet destaca o seu procesador de dobre núcleo Tegra 2, a súa cámara posterior de 8 MP e unha batería de 6500 mAh que lle dá unha importante autonomía. Todo ilo en tan só 595 gramos.
Ademais, froito da chegada deste irmán maior, a compañía reduce o prezo da Samsung Galaxy Tab de 7 polgadas até os 99 € con permanencia.

Sobre o autor

Reply