Google Music… verémolo hoxe?

Levamos moito, moito tempo especulando sobre Google Music, o novo servizo musical de Google, e todo apunta a que será hoxe cando por fin vexa a luz. Segundo algunhas filtracións, no marco do Google I/O 2011 presentarase o novo servizo de música na nube, que arrancaría en fase beta privada para abrirse a todos os usuarios nunhas poucas semanas.
Hai quen apunta que o servizo contaría uns 5 GB de almacenamento de balde, e se alguén quixera máis podería adquirilo a prezos bastante competitivos.
Nas próximas horas veremos que hai de certo nesta nova e que outros detalles engaden. Pero pinta ben, non?
Vía

Sobre o autor

Reply