Google Goggles actualízase mellorando os resultados das búsquedas

Xa está aquí a nova versión de Google Goggles, xa sabedes, esa aplicación que fai maxia grazas ao recoñecemento a través da cámara. Como lembraredes, dende a actualización anterior mesmo resolve sudokus.
Entre as melloras desta versión están as relacionadas co recoñecemento das tarxetas de visita, que se fai máis rápido e preciso. 
Como non, esta versión inclúe tamén ferramentas sociais, coa posibilidade de compartir os nosos resultados con amigos a través das canles/aplicacións que teñan acceso á función de Compartir.
Xa para rematar, facilítase a comunicación con Google, de xeito que se tomamos unha imaxe de algo e os resultados non se corresponden poderemos suxerir a Google o resultado para seguir mellorando esta aplicación que para min é case que imprescindíbel.
Pódese descargar dende o Android Market e é compatíbel con todos os androides +1.6

Sobre o autor

Reply