LG presenta en España o LG Optimus Black #eventolgblack

Esta mañá asistimos á presentación en España do LG Optimus Black, un novo modelo da saga Optimus, que engloba tanto terminais Android coma Windows Phone.

Trátase dun dispositivo de gama media que conta cun diseño coidado, na liña de conseguir terminais cun grosor e peso mínimos. Vén equipado con Android 2.2 (Froyo), mais LG ten o compromiso de actualizar a Gingerbread en setembro.

Pero se por algo destaca o Optimus Black é pola súa pantalla de 4 polgadas. Está equipada cunha tecnoloxía integramente desenrolada por LG, NOVA, que lle otorga o máximo brillo (700 nits), permitindo unha visión case que perfecta en ambientes moi luminosos, nomeadamente en exteriores.

Táboa comparativa de brillos
Mais neste terminal LG tamén pensou na batería, que nun dispositivo con este tamaño de pantalla é un tema crítico. Por iso esforzáronse por conseguir que a pantalla tivese un consumo aceptábel, acadando duracións de até un 50% máis que a competencia.

Outro dos aspectos a destacar é que conta cunha interface xestual que permite empregar diversas funcionalidades con xestos como axitar para activar a cámara ou facer o movemento de levar o terminal á orella para descolgar, entre moitos outros.

Características detalladas:

  • Procesador: OMAP 3630 a 1 GHz.
  • Sistema operativo: Froyo (actualizábel a Gingerbread)
  • Batería: 1500 mAh
  • Dimensións e peso: 122 x 64 x 9.2 mm e 109 gramos.
  • Pantalla: 4 polgadas, NOVA.
  • Cámara: traseira de 5 MP e frontal de 2 MP.
  • Memoria: 2 GB de ROM, 512 de RAM e tarxeta microSD de 2 GB (ampliábel a 32 GB)
  • Conexións e sensores: jack, microUSB, WiFi (incluíndo WiFi Direct), EDGE/UMTS/HSDPA/HSUPA, aGPS, Bluetooth 2.1

Imaxes en detalle

Detalle microUSB, jack

Detalle botóns laterais
Traseira
Detalle cámara traseira
Dispoñibilidade e prezos

O Optimus Black pódese adquirir a través de Orange, que o comercializa dende 0 € nas súas tarifas Delfín (a de 32 €/mes), mais tamén estará dispoñíbel no mercado libre por 439 €.

Ademais, haberá unha versión en branco, que se porá á venda a mediados de xuño.

Impresións

Como primeira toma de contacto pódese dicir que se trata dun terminal con características avanzadas, pero pensado para un usuario medio ou xente que queira ter un dispositivo no que pode gozar de autonomía (non ter que estar cargándoo tan a miúdo). En canto ás especificacións da luminosidade dicir que se cumpren tal cal: puidemos probar a baixar co terminal á rúa para ver como lle afectaba o sol directo e os resultados foron moi positivos, sendo capaces de ler perfectamente a pantalla sen ter que facer esforzos.

Dende logo, e como punto final destacar iso: a mellora no control do consumo da enerxía e o brillo da pantalla. Que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply