Como sabedes, a primeira tablet Android foi a Galaxy Tab de 7 polgadas, dispositivo que trae instalado de fábrica Android 2.2 ou Froyo. Sen embargo, por pouco tempo porque xa está a circular a actualización a Gingerbread 2.3.3, que se fai a través do software de Samsung, Kies.
Esta actualización só está dispoñíbel en Austria, Bélxica, Francia, Holanda, Hungría, Italia, España e o Reino Unido.
Agardando o que aconteza con Ice Cream Sandwich, o certo é que de seguro esta será a última actualización que reciba esta tablet, xa que non reúne as condicións axeitadas para adaptarse a Honeycomb eficientemente.
Vía