Que é o Android ADK (Accesory Development Kit)?

Na conferencia anual Google I/O celebrada o pasado 10 de Maio presentouse o Android ADK, o cal se trata dun kit de desenrolo baseado en Arduino para o control de hardware con dispositivos Android.
Arduino é unha plataforma de hardware libre baseada nunha placa sinxela cun microcontrolador e que nos permite interactuar con certos obxectos como pode ser o control de apertura dunha porta, controlar os niveis de temperatura e pH dun acuario da nosa casa, ou incluso crear os nosos propios proxectos coma un pequeno robot ou unha impresora 3D entre outras cousas.No seguinte vídeo poderemos observar unha curiosa maneira de abrir unha porta cun Arduino mediante unha secuencia programada de golpes.

Se o Arduino pode facer que se poidan manexar obxectos cotiás ou incluso inventar os teus propios trebellos, co ADK poderemos tamén manexalos cos smartphones ou as tablets que dispoñan de Android abrindo de este modo un amplo abano de posibilidades. Neste video poderemos observar o control dun labirinto mediante o acelerómetro dunha tablet Motorola Xoom no Google I/O.
Se miramos a gran comunidade que está a desenrolar para Arduino e se a iso lle unimos o crecente número de dispositivos que levan Android, a posibilidade de que aparezan grandes proxectos é ampla.
A nota negativa en principio é que se ben adquirir unha placa de Arduino pode ter un custo de entre 20-30 €, o ADK ven tendo un prezo de aproximadamente 275€.

Sobre o autor

Reply