Durante o I/O destes días soubemos da primeira actualización para Honeycomb, a versión 3.1. Pero, que cambia respeto da anterior?
Quizais unha das máis importantes sexa o Open Accesory API, que facilita a integración entre as aplicacións de Android e outros periféricos, que poden ir dende dispositivos multimedia, máquinas de deporte e calquera cousa relativamente robótica.
Doutra banda, o USB host API que inclúe nesta nova versión permite conectar periféricos de xogos, como joystick, gamepads así como tamén ratos de xeito sinxelo, aspecto moi interesante para quen pense na tablet como un elemento de xogo ou como un pseudosustituto dun netbook.
Tamén se inclúen widgets redimensinábeis, que permite que os widgets poidan mudar de tamaño segundo quera o usuario (sempre e cando o desarrollador teña considerado isto).
Mellóranse tamén os protocolos de transmisión de datos (Media Transfer Protocol, MTP), de transporte en tempo real (Real-time Transport Protocol, RTP), a interface do sistema e a conectividade WiFi.
Que che parecen estas novidades? Engadirías algunha máis?