Aprendendo electrónica con Electrodroid

A electrónica é unha rama da ciencia que se basea principalmente no estudo de circuitos e, se ben é un campo amplo e ás veces complicado, a súa práctica pode ser canto menos divertida. Agora xa non tedes escusa para terlle medo a electrónica, con Electrodroid teremos unha serie de recursos a man para cando menos saír ao paso. Nesta aplicación teremos os seguintes apartados:

  • Calculadoras: Neste apartado poderemos saber desde o valor das resistencias segundo o código de cores, ata resolver pequenos circuitos con resistencias, condensadores ou operacionais.

  • Patillaxe: mostra a distribución dos pines dos conectores máis comúns: USB, VGA, HDMI, etc. Poderemos ver cales son as tensións dos pines, a relación tensión-cor se a houbese e que tipo de datos levan.

  • Recursos: aquí poderemos consultar unha serie de símbolos, táboas e códigos máis empregados en electrónica.

Electrodroid está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.

Sobre o autor

Reply