Vodafone di que lle rouban un cargamento de Xperia Play… só por promoción

A filial de Vodafone en Nova Zelanda anunciou onte que viña de sufrir o roubo dun camión cargado de relucientes Xperia Play para a súa distribución a través da compañía de telecomunicacións… e claro, este percance afectaba a todos os clientes que estaban a agardar para poder disfrutar deste teléfono-videoconsola.Pois ben, resulta que esa información era falsa: segundo apuntou un responsábel da operadora, tratouse dunha montaxe para darlle publicidade á saída ao mercado do terminal… vale que se fora outro tería sentido, pero sendo un móbil que se vende só, non é un pouco heavy?

Vía

Sobre o autor

One Response

Reply