Saíu de fábrica con Android 2.1, pero tal e como vos anunciamos hai uns días, xa saiu Gingerbread (Android 2.3) para el.
HTC personaliza Android coa súa capa, HTC Sense, que provee ao dispositivo de novas funcionalidades adicionais, widgets exclusivos e un longo etcétera a través de HTCsense.com.
Vexámolo en funcionamento:
Trátase dun terminal de gama media alta co que poderemos gozar da experiencia multimedia nunha pantalla moi cómoda e de gran calidade. Pero ademais é unha plataforma idónea para xogos e outras aplicacións que requiran dun procesador potente.
Comercialízase en exclusiva a través de The Phone House por 579 €.
E a vós, gústavos?