O mercado das tablets está en plena eclosión e os Android lovers coma nós estamos de parabéns, xa que cada día imos tendo máis e máis alternativas segundo os usos que lle vaiamos a dar a noso dispositivo.
Dell quere sumarse a esta festa achegando unha nova tablet que seguramente verá a luz nos EEUU a comezos do mes de xuño e imaxinamos que non moitos meses despois en Europa.
Das súas características destacamos:
- Pantalla de 10 polgadas
- Sistema operativo: Android Honeycomb
- Procesador Nvidia Tegra 2 a 1 GHz
- Memoria RAM de 1 GB, interna 16 ou 64 GB (haberá as dúas versións).
- Cámara frontal de 2 MP e traseira de 5 MP
Vós xa tedes escollido o voso tablet?