Segue o resultado das eleccións municipais no teu Android

Como non podería ser doutro xeito, houbo alguén que se preocupou de facer unha aplicación para levar o control dos resultados electorais das eleccións municipais de mañá. Neste caso, trátase do xornal La Vanguardia, que nos sorprende cunha aplicación moi traballada coa que poderemos non só coñecer en tempo real os resultados electorais no noso municipio senón que tamén comparalo co de outras eleccións, concretamente dende os comicios de 1987.
A aplicación permítenos escoller dende o máis próximo a nós, un concello determinado, até datos máis xenéricos, como a relación de partidos máis votados a nível provincial ou de comunidade autónoma, amosando o número de votos, a porcentaxe e o número de concelleiras/os.
Para seleccionar o noso concello poderemos facelo, ben escribindo o seu nome nun cadro de texto, ben habilitando a detección da nosa ubicación, algo que nos aforra traballo.
Outras funcionalidadee é a de dispór dun feed de novas relacionadas coas eleccións.
A aplicación atópase no Market para a súa descarga de balde en dispositivos con Android 2.2 ou superior. 

Sobre o autor

Reply