Pouco tardou Sony Ericsson en anunciar a actualización dos seus terminais Xperia Arc e Xperia Play a Android 2.3.3 (Gingerbread). Concretamente será a partires da semana que vén cando esta actualización estea dispoñíbel.
Alén das características e melloras que trae esta nova versión de Android (a más recente no mercado), tamén trae consigo Facebook Inside, unha funcionalidade extra que integra aínda máis a coñecida rede social nos nosos terminais.