O uso das pantallas táctiles danos unha serie de facilidades que non nos permitían os móbiles de teclado como por exemplo evitar andar a subir e baixar en menús para seleccionar unha opción, basta con premer nunha zona da pantalla para activar o que nós queiramos. En ocasións isto pode facer que realicemos algunha chamada accidental por premer na zona equivocada ou en ocasións incluso sen darnos de conta.
![](http://3.bp.blogspot.com/-Mdpse7RFb7o/TdfLDKoVsAI/AAAAAAAAAb8/kJRTCY_dIY4/s320/call%2Bconfirm.png)
- Activar ou desactivar a aplicación.
- Mostrar a foto e o nome do noso contacto
- Que non se active a aplicación nos casos de números non gardados en contactos, estar usando o bluetooth ou de ter a pantalla bloqueada, por exemplo para as chamadas de emerxencia ao 112.
Call Confirm está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.