Por fin ten data de saída en España o novo HTC Sensation, un terminal que chega ao mercado español da man de Vodafone, a operadora que máis está a apostar por terminais do sistema operativo de Google.
Entre as características deste terminal destacamos as seguintes:
- Sistema operativo: Android 2.3 (Gingerbread), con HTC Sense.
- Procesador: Qualcomm Snapdragon de dobre núcleo a 1.2 GHz.
- Pantalla: qHD de 4,3 polgadas.
- Cámara: 8 MP con gravación en vídeo full HD
Vodafone ofrece ademais unha tenda de aplicacións propias para os clientes de empresas e autónomos, a Vodafone Business Place, entre as que se poden atopar solucións para xestinar axendas, ler o BOE étc.
En canto a prezos, podemos ver unha táboa segundo a tarifa que escollamos (para portabilidades e 18 meses de permanencia).