A nova versión de Google Maps mellora os check-in

Google Maps xa ten unha nova actualición para Android, a 5.5, que segue a incidir na parte máis social, orientada a compartir a nosa ubicación e facer checkins nos lugares que visitemos.
Neste sentido engade dous botóns específicos na páxina de Lugares, un de checkin e outro para valorar e engadir unha valoración.
Mais tamén se engade a posibilidade de editar a situación da nosa casa e lugar de traballo. Como saberedes esta opción foi engadida na anterior revisión da aplicación e serve para que o usuario poida comprobar canto tempo pasa nun lado ou noutro, con fins informativos. Obviamente, esta información é privada.
Podedes descargar a nova versión, se non se vos actualizara soa, a través da web do Market.

Sobre o autor

Reply